O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

3 de mayo de 2022

Vaiche boa!


 Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esquelete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa! 

Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura. Este libro, que no 2004 volve a aparecer no prelo de Galaxia, xa ten demostrado que sabe facer lectores, e que os lectores gozan cos relatos que contén ata o punto de pediren máis. 

Os medos da infancia, todos os interrogantes que caben na cabeza dun rapaz, as teimas do adultos, as pequenas incapacidades, os primeiros fracasos configuran, neste volume, un conxunto ben aderezado co humorismo e a axilidade narrativa que son característicos na obra do autor, o inglés afincado en Australia, Paul Jennings. O volume conta coas magníficas ilustracións de Kiko da Silva, que nos agasalla nesta edición cunha soberbia ilustración de cuberta realizada en técnica tridimensional.

Guía de lectura.

No hay comentarios: