Xenia loita por sacar as mellores notas, estimulada pola
ilusión de entrar en Medicina, pero ultimamente o seu rendemento académico está
baixando. O que ocorre é que Xenia se namorou, pero non dun rapaz do seu redor,
senón dunha pantasma, dunha voz que xorde da Internet e coa que comparte a súa
paixón pola lectura. Xenia pretende coñecer o seu amor virtual, pero el non
quere concertar unha cita. Entón decide localizalo e presentarse ante el por
sorpresa. Cos poucos datos de que dispón, inicia unha investigación e descobre
que todo é mentira: nin a foto nin o nome do rapaz son reais. Cal é a
verdadeira identidade da súa alma xemelga?
Arrepentida polo abandono dos seus estudos, confésallelo
todo aos seus pais, convencida de que foi vítima dalgún desaprehensivo. Pero,
de forma inesperada, recibe un paquete que lle vai revelar a identidade do
rapaz co que compartiu as súas máis íntimas emocións. Procede do cárcere de
menores e contén a historia dun asasino.
Leer o primeiro capítulo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario