Manuel Rivas estivo connós o pasado 11 de marzo do 2020, si ledes ben xusto antes do confinamento pero ata o de agora o vídeo resistíase a subida a youtube.
Esperamos que disfrutedes con él tanto coma nos no seu momento, e se rastrexades no blog tamén podedes botar un ollo á galería de imaxes do acontecemento pois ter ao autor na biblioteca de Fernán Esquío, un trobador medieval de quen Manuel Rivas tomou unhas palabras para titular unha das súas obras, Qué me queres amor...?, foi todo un acontecemento.
Alí rodeados de tantos rapaces como puidemos meter na nosa biblioteca, trala presentación de Marta e Claudia, de ver os traballos dos alumnos de francés coas versións das obras de Rivas na lingua franca, e o mural que fixeran o alumnado de EPV baixo a mirada de Carmen Ozema..., o autor falounos da súa escrita, da súa nenez, dos seus sentimentos sobre a lingua, de tantas cousas que non fixo falta música de fondo pois trátase dun xoglar do século XX.
Moitas grazas Manuel por estar connós xusto antes de que as tebras da pandemia nublaran a nosa mirada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario