O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

17 de noviembre de 2020

O gardián invisible

Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras.

«Ainhoa Elizasu foi a segunda vítima do Basajaun, aínda que entón a prensa aínda non o chamaba así. Foi un pouco máis tarde cando transcendeu que ao redor dos cadáveres aparecían pelos de animal, restos de pel e rastros dubidosamente humanos, unidos a unha especie de fúnebre cerimonia de purificación. Unha forza maligna, telúrica e ancestral parecía marcar os corpos daquelas case nenas coa roupa rachada, a lanuxe púbico rasurado e as mans dispostas en actitude virginal.» 
 Nas marxes do río Baztan, no val de Navarra, aparece o corpo espido dunha adolescente nunhas circunstancias que o poñen en relación cun asasinato ocorrido nos arredores un mes atrás. A inspectora da sección de homicidios da Policía Foral, Amaia Salazar, será a encargada de dirixir unha investigación que a levará devolta a Elizondo, unha pequena poboación de onde é orixinaria e da que tratou dehuir toda a súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do caso e cos seus propios pantasmas familiares, a investigación de Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar cun asasino que pode mostrar o rostro máis aterrador dunha realidade brutal á vez que convocar aos seres máis inquietantes das lendas do Norte.


 

No hay comentarios: