O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

27 de febrero de 2018

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

A fecundidade de Ledicia Costas é tal que, meses despois do seu primeiro e imprescindible libro de relatos para adultos, presentou unha peculiar “precuela” da súa Escarlatina; e poucos meses máis tarde, achega un novo relato que vén recoñecido polo Premio Lazarillo do ano pasado, o máis relevante que se concede no Estado relativo á literatura infantil e xuvenil.

Nesta ocasión, Ledicia aproveita datos reais dunha visita do escritor francés Jules Verne á cidade de Vigo para, partindo da realidade (mesmo inclúe retallos da pensa da época), argallar un relato no que Verne é, xunto a Violeta, o protagonista. Para darlle maior aparencia de veracidade, outros personaxes reais, como Sanjurjo Badía, teñen un papel fundamental nahistoria. Pero estes datos non deben levarnos a engano: “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” é unha novela fantástica, tal e como fai presaxiar o seu título. A realidade non é máis ca unha plataforma dende a que esparexer ao mundo a inqueda imaxinación de Ledicia.

O relato parte da premisa de que a visita a Vigo de Verne, que daquela xa era un escritor coñecido no mundo enteiro, non é casualidade, como nos dixeron os datos históricos, senón que anda na procura dunha misteriosa saga de mulleres planta que vive entre nós sen darse a coñecer. Acompañado do grumete Pierre, da súa absoluta confianza, chega á botica de Philipot, garda e custodio do segredo da estirpe. O boticario, avó de Violeta, está casado con Melisa, outra muller planta á que lle está a chegar o tempo de se converter en árbore. Pero para poder cumprir o seu destino necesitará da axuda de todos eles e ata de Sanjurjo Badía que, como sabemos, andaba por aqueles intres encerellado no deseño dun submarino que non chegou a rematar.

Ficha de lectura

Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015 - Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil -Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX - Premio Gala do Libro Galego (Infantil/Xuvenil), 2017 - Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2017


No hay comentarios: