O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de noviembre de 2017

O sol do verán

O suicidio do vital e atractivo Carlos aos 27 anos de idade desencadea os mecanismos do recordo en Helena, a muller que o atopou deitado na bañeira despois de se pegar un tiro. Helena, amiga do finado desde a infancia, repasa unha historia común que se remonta aos anos da nenez e as vacacións de verán compartidas.

Nostálxica, sentimental e tecida sobre o pano da memoria, O sol do verán reflicte a madurez absoluta do Casares narrador. Botando man dun monólogo interior moi medido e cun dominio maxistral na dosificación dos acontecementos, a novela vai desvelando unha complexa trama de relacións persoais, familiares e amorosas, matizadas pola represión moral, na que Helena vai afondando no seu intento de atopar sentido á traxedia.
Casares emprega os longos estíos da infancia como metáfora da dura aprendizaxe vital neste texto publicado por Galaxia en 2002, de xeito póstumo.

O sol do verán gañou o Premio Nacional da Crítica no ano da súa edición.

Reseña en Revista de libros.

No hay comentarios: