
Seguimos coa homenaxe a este autor tan querido por todos
nos, nesta ocasión con dúas propostas: Cartas
de inverno e Aire
Negro para os grupos maiores e Contos por palabras para as novas incorporacións ao noso club este curso.
Despois dunha longa estadía en Québec, o escritor Xabier
Louzao volve a Galicia e atopa as cartas que o seu amigo Adrián lle escribira
na súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os
estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier
a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán
que enfrontarse a misterios que tal vez as persoas nin tan sequera somos quen
de imaxinar. A narración está estruturada ó xeito das monecas rusas: unha voz
(en terceira persoa) que dá paso a outra voz (en primeira), que a súa vez dá
paso tamén a outra voz (tamén en primeira persoa). E cando esta acaba, unha
recuperación escalonada e simétrica das voces anteriores. Cartas de inverno
recibiu o Premio Rañolas, ó mellor libro infantil e xuvenil galego do ano 1995.

Con referencias explícitas a autores como Jung, Henry James,
Rosalía, Conrad ou Lovecraft, Aire negro mestura elementos dos
xéneros fantástico e de terror para construír un thriller absorbente.
Unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do
suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a liña derradeira.

Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra"."
O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.
"Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión.
"Un artista de neon": un fabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desastrosos.
Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato
"O caso do estraño empregado" Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras.
Isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea"."O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario