O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

14 de diciembre de 2015

O corazón de Xúpiter

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Esta obra levou o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012 e o Premio Asoc. de Escritores en Lingua Galega (Infantil/Xuvenil), 2012.

Ledicia Costas (Vigo, 1979), escribiu a súa primeira novela sendo adolescente, Unha estrela no vento (1999). Publicou  relatos curtos e  obras de poesía cos que obtivo varios premios. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual na creación de documentais. Exerce de avogada pero é poeta de vocación. O corazón de Xúpiter (2012) é a súa segunda novela.

2 comentarios:

Hanna Corrales dijo...

Me ha gustado mucho este libro por diversas cosas; los sentimientos que han surgido en mi y por la lección importante para una adolescente de mi edad. Claro que me gustaría cambiar el final pero eso ha hecho que sea uno de los libros que recomiende.Isla es un chica común, que le pasan cosas de chicas comunes y que conoce gente común que pueden cambiar nuestras vidas en un instante. Otra de las cosas que me mantuvieron pegada a las páginas son las frecuentes aclaraciones sobre el universo y constelaciones, pero también por introducir mitología griega. Un 9 para Ledicia Costas.

Begoña dijo...

Grazas polo teu comentario, sempre nos axuda á elección das obras para o club de lectura.