Di Rosa Aneiros:
"Sol de Inverno non é unha novela histórica, senón a historia de
como Inverno procura recuperar o paraíso perdido da súa infancia no
territorio de Antes".
Son casi 300 páxinas as
que lle valeron á autora de Resistencia (2002)
a edición número 26 do premio Xerais de novela. e non só isto. Có título Ás
de bolboreta tambén gañou o galardón Fundación Caixa Galicia de
Literatura Xuvenil, convocado desde 2006 pola mesma editorial.
"Traballei moito
tempo en Sol de Inverno", recorda Aneiros. Tanto que xa durante
o proceso final da súa anterior novela -Veu visitarme ou mar (2004)-
a escritora anotaba escenas, bosquexos, mesmo o deseño imaxinario
de Antes, a terra da protagonista, Inverno. "Antes existe como
topónimo na Costa dá Morte", explica. Pero Sol de Inverno narra
a perda e intento de recuperación dun espazo non só físico, senón mental.
Un acontecemento
relacionado con rapaces e celos trunca a vida de Inverno xusto antes
da Guerra Civil. A súa fuxida cara a adiante introdúcea de cheo no turbillón
dunha historia acelerada: a contenda en Barcelona, os campos de concentración
en Francia, o exilio en México e despois en Cuba, o maio francés de 1968...
"Cuba non é únicamente un lugar de exilio", comenta Rosa Aneiros,
" senón o lugar onde se reencontra cos seus antepasados".
Ademais de Inverno, "o motor da novela", polo libro circulan a un tempo
personaxes inventados e reais. Rafael Dieste e Carmen Muñoz nas
Misións Pedagóxicas da República ou o propio Castelao fan aparición
no traballo de Aneiros. "Para escribilo utilicei moita documentación,
ás veces cheguei a pensar que se me ía das mans". Os diarios da xornalista
e escritora republicana Silvia Mistral, a quen está dedicado Sol de Inverno ou
de Elixio Vilaverde foron materia prima da novela. Non sei se me dará
tantas satisfaccións unha vez publicada como traballo me deu escribila, di
divertida.
Reseña en Maleducadas.
Presentación do Club de Lectura do IES Catabois.
Primeiro capítulo para ir facendo dente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario