O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

22 de enero de 2013

Non hai noite tan longa

Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre.

En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI. Mais tamén, como acuñou Shakespeare nunha das pasaxes máis citadas de Macbeth -«Reunide todo o ánimo que poidades. Que non hai noite tan longa que non remate en día»-, esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas.

Unha novela que non ha deixar a ninguén indiferente.

Ler o primeiro capítulo
Entrevista na tertulia literaria da Biblioteca Central Rialeda en Oleiros.
"A verdade doe pero fainos libres" Reseña en El País
Presentación da novela có autor.

3 comentarios:

Loles dijo...

Agustín Fernandez Paz habla hoy en su blog de la portada de este libro porque hoy cumpliría 100 años Rosa Parks. Os mando el enlace:
http://agustinfernandezpaz.eu/o-autobus-de-rosa/

Sonia dijo...

A Gabriel Lamas, o seu retorno a Monteverde e o "reencontro" co seu pai fíxéronlle darse conta de, como dixo M.Luther King, " quen acepta o mal sen protestar, está cooperando con él".
Gustoume moito o libro, pero pareceume pouco realista na facilidade de Gabriel para conseguir información da xente de Monteverde. Penso que os galegos somos un pouquiño máis desconfiados....
Sinto non poder acompañarvos esta temporada!
Un saùdo!!

Almudena Falcón dijo...

O título remite á obra de Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, que recolle a esencia do que foi, para moitas persoas, a posguerra. Para o propio autor celanovés foi de vital importancia a experiencia do cárcere. A noite, o paso do tempo, a pedra, as reixas, as cadeas. Recomendo a lectura a quen estea interesad@ no tema.