O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

24 de abril de 2012

A casa da linterna de novo


Melchor Abreira é un galego que fixo fortuna na Arxentina, no negocio de exportación de carne. Constrúe unha casa na súa terra natal (a chamada Casa Grande ou Casa da Lanterna), na que se aloxa Azaña cando ven á vila a fundar o partido Esquerda Republicana. Ao producirse o levantamento do 36, Melchor Abreira morre coa súa esposa en Madrid, nun bombardeo. O seu único fillo, Luís Abriera, biólogo que ía casar coa filla do reloxeiro Daniel Lobato, presidente do partido de Esquerda Republicana de Pontedeume, escóndese na casa. É un máis dos moitos escapados que se esconden nas súas propias casas ou se botan ao monte.
A novela comeza cando, oito anos despois, é asasinado Custodio Lázaro, un carboeiro, que axudaba a Luís a sobrevivir na casa ao intentar poñerse en contacto cos refuxiados no bosque; e Luís é descuberto gravemente enfermo por dous rapaces, de 14 anos, da localidade: Eduardo Mata, fillo do médico Servando Mata e Miguel Torres, fillo do recén chegado Xefe de Estación da Renfe. Que facer? Axudalo? Denuncialo? Dicírllelo aos seus pais? Tendo como punto de partida este dilema, os rapaces van descubrindo, a medida que seguen coas súas vidas de adolescentes, unha nova realidade que descoñecían, da que ninguén lles falara e sobre a que na vila se estableceu un tácito pacto de silencio: a realidade da sublevación, a represión posterior e a sórdida loita que mantén a Garda Civil cos escapados.

Entrevista có autor.

Nesta ocasión faremos co grupo dos adultos o roteiro que xa fixeran os rapace maiores ao remate do curso pasado.

No hay comentarios: