O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan. Animádevos e deixade os vosos comentarios ... "en cualquier lengua!"
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia encargou ao xenial Miguelanxo Prado un tebeo sobre as desfeitas urbanísticas no país para a súa difusión nos institutos. A mansión dos Pampín servenos para reflexionar sobre o Dereito a unha vivenda digna, sobre o pouco amor polo noso, o escaso respecto polo noso patrimonio histórico e cultural, da especulación e da pouca ética dos construtores. Basease nas experiencias dun urbanita que no trance de sacarlle rendemento á vella casa da aldea entra en contacto con veciños ignorantes, constructores sen escrúpulos e alcaldes corruptos. A definición das personaxes é maxistral, incluído o que podería ser o aparellador municipal, que en dúas viñetas trata de poñer un pouco de sentidiño nesta orxía de avaricia.
Cando transitamos polas páxinas dun libro poucas veces saímos ilesos sempre hai un personaxe que nos pisa a liberdade
é claro que fabricamos pausas para defendernos de tanta fogueira pero de todos os xeitos case sempre nos queda unha pantasma de papel
e no cárcere do libro esperamos o merecido indulto pero o personaxe que era xuíz ... foise de vacacións.
BENEDETTI, Mario. Cancións do que non canta
Enlázanos
Somos os membros do club de lectura do IES Fernando Esquío en Neda, A Coruña.
Si precisades poñervos en contacto conosco, o correo é:
fesquio@gmail.com
2 comentarios:
hola somos Andrea y Seynabou este libro nos gusto mucho y queremos la segunda parte.Sobre todo la parte del veraniego . adios
Me parti de risa al final... xD
Salu2
Publicar un comentario en la entrada