O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

24 de abril de 2010

Visita de Rosa Aneiros




Si ler nos gusta, ter a posibilidade de acercarnos á persoa que nos fixo gozar da lectura aínda máis. No club de lectura puidemos falar, preguntar e rir con Rosa Aneiros que creou un espazo máxico nunha tarde de marzo na Casa das Palmeiras de Neda.
Recoñeceu que o que máis lle gustaba era contar historias e demostrouno falando de como as pensaba, de a razón dos seus personaxes, de como se inspiraba… Por exemplo, confesounos que as historias de “As de bolboretas” estaban baseadas en xente real a quen ela quixo poñer nome e cara para que deixaran de ser só cifras.
A ela chamoulle a atención a xuventude dos membros do club e que, a diferenza dos que tiña o costume de visitar, a maioría foran chicos.
O certo é que, a pesar de estar en plenos exames e ser un mércores pola tarde, os rapaces do club non se querían ir. Polo menos, todos conservamos no noso caderno a súa firma e no noso recordo as súas palabras.

Aquí tedes unha mostra do que lles pareceu:

Alejandro dí: " Pareceume unha excelente persoa e moi graciosa que nos comentou cousas que lle pasou e que coñecimos grazas as organizadoras do club de lectura, que son unhas magníficas persoas e nos animan a ler moito (Begoña e Loles).
Un día fomos á Casa das Palmeiras para estar con Rosa Aneiros. Algúns dos membros do club fixeron a entrada de Rosa e nos contaron cousas da súa vida. Despois fixemos preguntas e ela nos contestou a todo con amabilidade e contento. Despois falamos sobre os seus libros e nos comentou cousas curiosas que lle pasaron noutros institutos. Ao final nos firmou na carpeta do club."

No hay comentarios: