17 de febreiro de 2025

Los Miserables


Xa sabedes que este curso asistiremos ao Salón do libro de Pontevedra que ten como país convidado a Francia. Na data da nosa visita visionaremos a representación teatral de "Los Miserables" obra esencial de Víctor Hugo, polo que imos a ler a obra en unha versión adaptada ou na íntegra se vos decidides. 

Jean Valjean cumpriu unha inxusta condena de case vinte anos por roubar comida para a súa familia. Unha vez fóra da prisión, a sociedade pretende apartarlle de novo, polo que deberá volver delinquir. Grazas ao encontro co bispo Myriel, cambiará de actitude e se redimirá, aínda que antes deberá adoptar unha nova identidade.

Tentando facer o ben entre os seus congéneres coñecerá a Fantine, unha muller ao bordo da morte que lle encargará o coidado da súa filla Cosette. Vivirá desde entón nunha fuxida constante, pois é perseguido polo policía Javert, buscando o mellor para unha nena inocente e tentando axudar a todos aqueles que viven sen xustiza nin esperanza.



Reseña: 5 consejos para leer Los Miserables:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas