23 de maio de 2023

O corazón de Xúpiter

Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.

Lamentablemente os temas que inclúe a novela non son alleos á mocidade nos institutos hoxe día: acoso escolar, adolescencia, amizade, amor, delincuencia ou internet.

Esta obra levou o Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2012 e o Premio Asoc. de Escritores en Lingua Galega (Infantil/Xuvenil), 2012.

O corazón de Xúpiter! from SonCine on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas