«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o
enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que
agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se
vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como
parecen...»A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de
concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que
axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando
comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e
crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o
mundo que lles tocou vivir.
Web sobre a historia do álbum ilustrado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas