21 de xaneiro de 2020

Madonna e outros contos de inverno


Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes.
A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as consecuencias do tráfico de drogas, a ledicia de xogar un partido de fútbol, a integración das persoas diferentes e a conmoción da crise das vacas tolas artellan as tramas destes contos en que se abordan temas esenciais na literatura.
Oito contos conmovedores nos cales Manuel Rivas dispuxo as pingas de humor e tenrura capaces de transformar o cotián na beleza da escrita literaria.

Recensión en Trafegando Ronseis

Resumo e recensión en Libros para ler

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas