6 de maio de 2019

Nubes de evolución



Sempre vai frío na estación de autobuses.
Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. 
Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. 
Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. 
As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: 


«WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?»



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas