16 de outubro de 2018

Asasinato no Orient Express



Nun lugar illado da antiga Iugoslavia, en plena madrugada, unha forte tormenta de neve obstaculiza a liña férrea por onde circula o Orient Express. Procedente da exótica Istambul, nel viaxa o detective Hércules Poirot, que repentinamente se topa cun dos casos máis desconcertantes da súa carreira: no compartimiento veciño foi asasinado Samuel E. Ratchett mentres durmía, a pesar de que ningún indicio trasluce un móbil concreto. Poirot aproveitará a situación para indagar entre os ocupantes do vagón, que de xeito evidente deberían ser os únicos posibles autores do crime.
Unha vítima, doce sospeitosos e unha mente privilexiada en busca da verdade.


Ler o primeiro capítulo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas