15 de outubro de 2012

A casa da luz

Alicia é unha rapaza trastísima de moi bo corazón, que quere descubrir as cousas por si mesma. Cos seus catro amigos (Álvaro, Aida, Anxo e Alba) anda a construír unha cabana de xestas e paus no Campo da Igrexa de Eiravella. Na tarefa estaban cando apareceu Pumariño, un home duns setenta anos que fala con debuxos no chan e sinais, que lles ofrece a súa axuda. Coa personalidade transtornada desde que sendo neno viu cómo lle mataban o pai na guerra, ten a teima de desfacer valados buscando entre as pedras un pucheiro de ouro que seica agachou seu pai canteiro, polo que os maiores non queren que seus fillos se relacionen con el por "toliño". Como, ultimamente, lle dá por furar nas paredes das casas buscando o pucheiro, ameazado polos veciños, desde hai uns días non se deixa ver por Eiravella.
A iniciativa de Alicia van á súa casa, onde garda chaves e reloxos que atopou nos valados e tamén uns fermosos debuxos fermosos, sobre todo un con dúas mans xuntas pregando pintado por el a partir dun debuxo de Durero. E tamén o San Paio desaparecido, tallado en madeira dunha cerdeira súa. Os rapaces gardaranlle o segredo.... seguir lendo.


Blog do autor.

 

Teaser A CASA DA LUZ from VimbioFilmes on Vimeo.

Outros enlaces:
Emigración e dereitos da infancia
Máis fotos de Ercher

 


Sóache esta foto verdad?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas