23 de abril de 2010

O club nas Xornadas Literarias de Neda




Como todos os anos os membros do noso club participan nas Xornadas Literarias de Neda que neste ano trataban a Fernando Pessoa como autor a estudar.
Tivemos que facer un inciso na nosa programación de lecturas do club pero o motivo valía a pena.
No blog da biblioteca xa falabamos de o ben que o fixeron e agradecíamos o seu traballo aos rapaces e a nosa compañeira de fatigas Loles.
Aquí vos deixamos o reportaxe fotográfico do evento e a presentación dos rapaces, quen ademáis de facer unha introducción á figura do autor e os seus heterónimos, logo leron uns poemas explicando o porque da súa escolla, o que lles dicía a selección.

Unha gozada para os entendidos e todo un divertimento para os profanos!


1 comentario:

  1. son alejandro : me parece un cousa moi importante o da lectura e unha aventura interesante estar neste club tan bo pero me da pena porque este ano xa se esta acabando e espero e os animo que unhas persoas tan boa como Loles e Begoña sigan fando o club moitos mais anos . Un cordial saludo pra todos e un abrazo para estas magnificas persoas .

    ResponderEliminar

Agradecemos os vosos comentarios sempre que sexan respetuosos. Os amantes da lectura e dos libros non poden ser doutra maneira.
Grazas