O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"
2 de abril de 2019
27 de marzo de 2019
De Baleas con Eduardo Estévez
Na semana da
poesía tivemos o pracer de contar con Eduardo Estévez, poeta, editor, obrador
de papiroflexia e conseguidor de feitizos máxicos.
Falounos dos
atrancos que tivo para sacar esta obra sobre as Baléas, o inicio, a idea, como
lle encheron o espíritu e nolas aniñou cun grande abrazo.
Seguimos soñando
coas baléas e coñecendo o resto da súa obra na web Lúa gris.
26 de marzo de 2019
Xornadas Literarias e Joseph Conrad
As Xornadas Literarias que organiza o Concello de Neda este ano adicanse a Joseph Conrad ( Teodor Józef
Konrad Korzeniowski; Berdiczew, 1857 - Bishopsbourne, 1924), novelista británico
de orixe polaca considerada un dos máis grandes escritores modernos.
Fillo dun
nobre polaco, quedou orfo aos once anos e estivo baixo a tutela da súa avoa e o
seu tío paternos. Aos dezaseis abandonou Polonia rumbo a Marsella, onde iniciou
a súa andaina como mariño mercante, que o levaría nunha primeira etapa a
comerciar con armas para as tropas carlistas españolas e a un intento de
suicidio.
Ante a
imposibilidade de chegar a oficial na mariña francesa e fuxindo do perigo de
ser recrutado polo exército zarista (era súbdito ruso da Polonia ocupada),
trasladouse a Londres en 1878, sen saber inglés. Dous anos despois aprobou o
exame que o converteu en segundo oficial da mariña mercante, e seis anos máis
tarde o que lle proporcionaría o grao de capitán, case á vez que pasou a ser
súbdito británico. Navegou durante toda a década seguinte, particularmente
polos mares do sur, o arquipélago malayo, África e o río Congo, experiencias
que se reflectirían na súa obra posterior.
Conrad non
comezou a escribir ata 1889, en que deu inicio á tolemia de Almayer (1895), que
non terminaría ata cinco anos máis tarde, durante os cales aínda continuou
navegando, actividade que abandonou definitivamente en 1894. O éxito, con todo,
tardou en chegarlle; foi con Chance (1912), da que se venderon máis de 13.000
exemplares en dous anos, a pesar de que desde o principio os seus libros foron
ben recibidos pola crítica. Aínda que a maior parte das súas narracións teñen
como pano de fondo a vida no mar e as viaxes a portos estranxeiros, a súa non é
unha literatura de viaxes en sentido estrito. Estes constitúen, para Conrad, o
ámbito no que se desenvolve a loita dos individuos entre o ben e o mal, o
escenario no que se proxectan as súas obsesións e, en particular, a súa
soidade, a súa escisión e o desarraigamento (a súa condición de polaco oprimido
primeiro e logo exiliado debeu deixar forte sinal no seu carácter)
Recensión de Javier Marías sobre Joseph Conrad a quen consideraba ó escritor "o artista perfecto" e El corazón de las tinieblas
Recensión sobre El corazón de las tinieblas
Algunhas das súas citas:
- A mente dun home é capaz de todo, porque todo está nela, o pasado e o futuro.
- Crin que era unha aventura e en realidade era a vida.
- Vivimos como soñamos, sólos.
- A crenza nalgún tipo de maldade sobrenatural non é necesaria.
Memoria do silencio
Günter busca ascender na Gestapo destapando unha
trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa.
Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca
a vida por axudar a quen o necesita.
Frieda foxe da Holanda nazi e do seu
pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra.
Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e
intrigas cun fin último: a liberdade.Novela a tres voces que explora, entre
ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia
durante a II Guerra Mundial. Eva Mejuto regresa á narrativa xuvenil con Memoria
do silencio, finalista do Premio Jules Verne, logo da súa incursión con 22
segundos (Xerais 2017).
Eva Mejuto: «Paréceme moi importante que a rapazada de hoxe en día teña
referentes positivos da nosa historia». Entrevista no «ZigZag Diario» sobre: «Memoria do silencio»
Aquí estamos coa autora cando fomos ao Salón do Libro de Pontevedra.
5 de marzo de 2019
La máquina maravillosa
En el año 2090, en una ciudad burbuja aislada del mundo exterior, viven, entre otros muchos seres humanos, cuatro niños amigos llamados Sara, Elena, Pablo y David. Dentro de dicha cápsula, los críos se sienten encerrados y aburridos de su monótona rutina. Poseen robots que hacen de todo y sistemas automáticos que facilitan la más estúpida tarea.Pero todo cambia cuando los amigos, gracias a la curiosidad que les despierta un libro (objeto muy mal visto en esa sociedad) de Sara, deciden salir al exterior. Para ello necesitarán despistar a sus padres, y por eso acudirán a un viejo y amable anciano, don Bonifacio, un excéntrico inventor que además de descubrirles el delicioso chocolate o el divertido juego de las construcciones, les proporcionará una máquina para entretener a los adultos.
Así los niños lograrán salir al exterior de la burbuja y descubrirán un apasionante mundo con hierba no sintética, preciosas flores naturales y variaciones de temperatura, donde podrán jugar sin necesidad de teclas y robots, y descubrirán la belleza y el placer de la vida natural, con todo lo que la misma conlleva. Bonifacio también disfrutará de la aventura, y a partir de entonces, nada volverá a ser igual...
Guía de lectura
¡Publicado en los años 80 es una obra para meditar y de rabiosa actualidad, en una época en la que contamos nuestras amistades cibernéticas más que las humanas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




