O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

24 de abril de 2012

A casa da linterna de novo


Melchor Abreira é un galego que fixo fortuna na Arxentina, no negocio de exportación de carne. Constrúe unha casa na súa terra natal (a chamada Casa Grande ou Casa da Lanterna), na que se aloxa Azaña cando ven á vila a fundar o partido Esquerda Republicana. Ao producirse o levantamento do 36, Melchor Abreira morre coa súa esposa en Madrid, nun bombardeo. O seu único fillo, Luís Abriera, biólogo que ía casar coa filla do reloxeiro Daniel Lobato, presidente do partido de Esquerda Republicana de Pontedeume, escóndese na casa. É un máis dos moitos escapados que se esconden nas súas propias casas ou se botan ao monte.
A novela comeza cando, oito anos despois, é asasinado Custodio Lázaro, un carboeiro, que axudaba a Luís a sobrevivir na casa ao intentar poñerse en contacto cos refuxiados no bosque; e Luís é descuberto gravemente enfermo por dous rapaces, de 14 anos, da localidade: Eduardo Mata, fillo do médico Servando Mata e Miguel Torres, fillo do recén chegado Xefe de Estación da Renfe. Que facer? Axudalo? Denuncialo? Dicírllelo aos seus pais? Tendo como punto de partida este dilema, os rapaces van descubrindo, a medida que seguen coas súas vidas de adolescentes, unha nova realidade que descoñecían, da que ninguén lles falara e sobre a que na vila se estableceu un tácito pacto de silencio: a realidade da sublevación, a represión posterior e a sórdida loita que mantén a Garda Civil cos escapados.

Entrevista có autor.

Nesta ocasión faremos co grupo dos adultos o roteiro que xa fixeran os rapace maiores ao remate do curso pasado.

18 de abril de 2012

O club de lectura e Bob Dylan



Como todos os anos, o club de lectura do IES Fernando Esquío participa nas X Xornadas literarias que se organizan en Neda coa colaboración da Universidade da Coruña. Este ano o grupo de alumnos maiores, guiados por Loles Paris, tratará das letras do compositor nun relatorio das xornadas tras a lectura de Buscando a Bob de Sierra i Fabra.

Esperamos colgar a reportaxe fotográfica nas vindeiras datas.

Norabóa aos organizadores, participantes e asistentes, todos eles gozarán da música e poesía dun autor moi especial.

5 de abril de 2012

Buscando a Bob

Héctor se escapa de su casa en Vigo. Su destino: Barcelona. Pero este viaje tiene un doble sentido. Por un lado, perseguir un sueño, ver la actuación de su ídolo, Bob Dylan. Por otro, la búsqueda de sí mismo, averiguar la razón de estar vivo, porque Héctor ha descubierto el secreto de su existencia, y a raíz de ello ha de plantearse qué es y quién es. Pronto veremos que el viaje es la iniciación que todos necesitamos para descubrirnos, que Dylan no es más que una excusa, y que el verdadero significado de su acción se esconde en un rincón de su alma.

"Buscando a Bob" habla, por encima de cualquier otra cosa, de la libertad, la búsqueda y la paz que cada cual ha de hallar en sí mismo para seguir luchando.

Si queréis saber más del compositor podéis inscribiros en las X Xornadas literarias de Neda donde varios especialistas os descubrirán al gran Dylan, su trayectoria, música, poesía..., mientras disfrutad de esta página, que como no puede ser de otra manera, se llama GodDylan.